CONSULTA AS NOSAS CONDICIÓNS DE PREVENDA/ CHECK OUR PRESALE CONDITIONS

PREORDER CONDITIONS/CONDICIÓNS DE PREVENDA

GAL:
CONDICIÓNS DE PREVENDA PERMANENTE
Algunhas das nosas camisetas están dispoñibles mediante prevenda permanente. Isto permítenos manter certos deseños na tenda sen producir grandes cantidades de stock e fabricar unicamente as unidades que realmente se solicitan.

COMO FUNCIONA?
As camisetas en prevenda fabrícanse baixo pedido en pequenas quendas mensuais. Na descrición de cada produto atoparás a data de peche da seguinte quenda e o período estimado de envío.
Cando finaliza ese período de pedidos, enviamos a produción as unidades solicitadas. Unha vez recibidas e revisadas, preparamos os paquetes e comezamos cos envíos.

PRAZOS DE PRODUCIÓN E ENVÍO
As camisetas en prevenda non están dispoñibles para envío inmediato.
A data indicada en cada produto é unha estimación realizada de acordo cos tempos habituais de produción. Aínda que procuramos cumprir sempre os prazos indicados, poden producirse pequenos atrasos por causas alleas ao noso estudio.
Se se producise unha demora importante, poñeriámonos en contacto contigo por correo electrónico para informarche e ofrecerche as opcións dispoñibles.

PEDIDOS CON PRODUTOS EN STOCK E EN PREVENDA
Se un mesmo pedido inclúe produtos dispoñibles e produtos en prevenda, enviaremos todo xunto cando o pedido estea completo.
Se queres recibir primeiro os artigos dispoñibles, deberás realizar dous pedidos por separado para que cada un teña os seus propios gastos de envío.

CANCELACIÓNS
Podes solicitar a cancelación da prevenda antes de enviarmos a camiseta a produción. Unha vez iniciado o proceso de fabricación, é posible que xa non poidamos cancelala.

TALLAS
Antes de realizar o pedido, recomendámosche consultar con atención a guía de tallas incluída na ficha do produto. Se tes algunha dúbida, podes escribirnos antes de mercar e axudarémosche a escoller.

CONTACTO
Se tes algunha pregunta sobre o teu pedido ou queres saber en que quenda se atopa, podes escribirnos a [email protected] indicando o teu nome e número de pedido.

ENG:

ONGOING PRE-ORDER TERMS AND CONDITIONS
Some of our T-shirts are available through an ongoing pre-order system. This allows us to keep selected designs in our shop without producing large amounts of stock and to manufacture only the units that are actually ordered.

HOW DOES IT WORK
Our pre-order T-shirts are made to order in small monthly batches. The description of each product includes the cut-off date for the next production batch and its estimated dispatch period.
Once the ordering period has ended, we send the requested units into production. When we receive and inspect them, we prepare the parcels and begin dispatching the orders.

PRODUCTION AND DISPATCH TIMES
Pre-order T-shirts are not available for immediate dispatch.
The dates shown on each product page are estimates based on our usual production times. Although we always do our best to meet the stated time frame, minor delays may occasionally occur for reasons beyond our control.
If there is a significant delay, we will contact you by email to explain the situation and offer you the available options.

ORDERS CONTAINING IN-STOCK AND PRE-ORDER PRODUCTS
If the same order contains both in-stock and pre-order products, the complete order will be dispatched once every item is available.
If you would like to receive the in-stock items sooner, please place two separate orders so that each order has its own shipping fee.

CHANGES AND CANCELLATIONS
You may request the cancellation of your pre-order before the T-shirt is sent into production. Once the production process has begun, we may no longer be able to cancel it.
After you receive your order, our general exchange, return and withdrawal conditions will apply.

SIZING
Before placing your order, please check the size guide included on the product page carefully. If you are unsure which size to choose, contact us before purchasing and we will be happy to help.

CONTACT
If you have any questions about your order or would like to know which production batch it belongs to, please contact us at [email protected] , including your name and order number.